Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (281/2014).

Despedimento obxectivo individual 281/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: María Concepción Lamas Tubío

Graduado social: Cándido Sanisidro López

Demandados: Salica Alimentos Congelados, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Limber Multiservicios, S.L.

Decreto

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014

Parte dispositiva

Acordo considerar que a parte demandante desiste da súa demanda e o sobresemento das presentes actuacións e o arquivo dos autos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, ante a secretaria xudicial que dita esta resolución, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente.

A secretaria xudicial