Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (856/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 856/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, RYC Restauración, S.C. sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 856/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Adriana Pérez Alborés, asistida e representada pola letrada María Catalfamo, contra AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, que non comparecen, RYC Restauración, S.C., que non comparece, e o Fogasa, que tampouco compareceu, ditou a presente sentenza».

«Resolución:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a AJP Guy y Otra, S.C. e, subsidiariamente, a Antoine Jean Paul Guy Jaud a aboar a Adriana Pérez Alborés 10.602,79 euros de principal e 2.280,33 euros de xuros.

Non procede impor custas procesuais.

Condénase o Fogasa a se ater á presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da LRXS.

Considérase que a parte demandante desiste da ampliación da demanda presentada contra RYC Restauración, S.C.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C. e a Antoine Jean Paul Guy Jaud, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial