Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2015 Páx. 3802

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3604/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3604/2014 MCR desta sección, seguido por instancia de Bogar Asistencia, S.L. e Francys Maribel Aparicio Quintas contra o Fogasa, Centro Clínico Ribadeo, S.L., Ministerio Fiscal, Concello de Sada (A Coruña), admón. concursal de Galicia Saudade, S.L. e Galicia Saudade, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Fallamos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Bogar Asistencia, S.L. e estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Francys Maribel Aparicio Quintas contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 18 de novembro de 2013 en autos nº 426/2013, que revogamos no sentido de declarar a responsabilidade solidaria de Centro Clínico de Ribadeo, S.L. coa xa condenada Bogar Asistencia, S.L. ás consecuencias do despedimento improcedente fixado na instancia, e confirmámola nos seus demais termos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados pola empresa recorrente, á que condenamos a aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante da suplicación por importe de cincocentos cincuenta euros (550 euros).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80, en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2014

A secretaria xudicial