Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2699

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (439/2013 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 439/2013 BPB

Xulgado de orixe/autos: demanda 1017/2011 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: María José Martínez-Fariza Conde

Recorrido: Cándida Porto Porto

Graduada social: María Begoña Rodríguez Fernández (UGT)

Recorridos: INSS e TXSS

Recorrido: Mecanizados Teko, S.L.

Mª Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 439/2013 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Cándida Porto Porto, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decisión. Que con desestimación do recurso que foi interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, confirmamos a sentenza que con data do 14 de setembro de 2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e foi absolto o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á empresa Mecanizados Teko, S.L. e Cándida Porto Porto.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mecanizados Teko, S.L. con último domicilio coñecido no Polígono Industrial Chan da ponte, 33, Salvaterra de Miño, Pontevedra, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2014

A secretaria xudicial