Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2701

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (119/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 119/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rolando Jesús Martínez Moinelo contra Disvalixa, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte decisión de sentenza:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Rolando Jesús Martínez Moinelo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Disvalixa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.699,84 € máis os xuros de demora correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade, 1532-0000-60-0119-13.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer, 1532-0000-36-0119-13.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Disvalixa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de decembro de 2014

A secretaria xudicial