Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2703

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (660/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 660/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Garaizabal Pita contra Gealbegolf, S.L., administrador concursal Vicente Rodríguez Castaño, Aymerich Golf Management, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 617/2014

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 660/2014

Demandante: Fátima Garaizabal Pita

Letrada: Sra. Ferraz García

Demandados:

Geabegolf, S.L.

Letrado: Sr. Hervella Nieto

Administrador concursal de Geabegolf, S.L.: Sr. Rodríguez Castaño

Aymerich Golf Management, S.L.

Fogasa

Sentenza 617/2014.

A Coruña, 23 de decembro de 2014.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Fátima Garaizabal Pita fronte á empresa Gealbegolf, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 17.089,11 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 60,12 euros/día;

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Fátima Garaizabal Pita fronte á empresa Aymerich Golf Management, S.L. e, en consecuencia, absolvo esta última das pretensións dirixidas fronte a ela.

4º. A administración concursal de Gealbegolf, S.L. e o Fogasa teñen que pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causas seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Aymerich Golf Management, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de decembro de 2014

A secretaria xudicial