Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2698

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2673/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2673/2014 desta sección, seguido por instancia do Centro Clínico Ribadeo, S.L., contra o Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña, administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L., Sonia María Varela Cordero, sobre despedimento disciplinario, se ditou en data de hoxe a seguinte resolución: dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Socorro Bazarra Varela.

O anterior escrito presentado en data 9 de decembro de 2014, subscrito polo letrado Juan Carlos Rodríguez Maseda, en nome e representación do Centro Clínico Ribadeo, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegarán copias do dito escrito e designarán un domicilio para notificacións na sede da dita sala. De non constar previamente nas actuacións, deberán acreditar a representación da parte. Emprácese a Galicia Saudade, S.L., por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia. Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal. A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións. Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 4 da Coruña que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina. Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún. Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2014

A secretaria xudicial