Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1684

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (303/2013).

María de la Concepción Albés Blanco, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario número 303/2013, seguido por instancia de María José Villar García-Moreno fronte a Ignacio Piñeiro Gómez, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 185/2014

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Rodríguez Sánchez.

Lugar: Vigo.

Data: 11 de novembro de 2014.

Demandante: María José Villar García-Moreno.

Avogado: Ricardo Gómez Cabaleiro.

Procuradora: Mara Elena García Calvo.

Demandado: Ignacio Piñeiro Gómez.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos de dereito.

Resolución:

Admítese a demanda presentada pola procuradora Elena García Calvo, en nome e representación de María José Villar García-Moreno, contra Ignacio Piñeiro Gómez.

1º. Declárase que o demandado é fiador das obrigas de Promociones Vitalvigo, S.L. no contrato celebrado entre esta mercantil e a demandante con data do 4.3.2004.

2º. Condénase o demandado a aterse á anterior declaración.

3º. Condénase o demandado a aboar á demandante a cantidade de 451.000 euros, que se corresponde co importe da débeda contraída por Promociones Vitalvigo, S.L. fronte á demandante con causa naquel contrato, cos xuros legais desde a data de presentación da demanda.

Impóñense as custas á parte demandada.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro correspondente.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco de Santander, na conta deste expediente, 2745 0000 04030313 indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O/a maxistrado/a xuíz/a»

E encontrándose o devandito demandado, Ignacio Piñeiro Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial