Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (94/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 94/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Rafael Cobo López contra Transportes Andara 2012, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Rafael Cobo López fronte a Transportes Andara, S.L. e, en consecuencia, a extinción por instancia da parte demandante do contrato de traballo existente entre ambas as dúas partes, por causas imputables á empresa, e condeno a esta a que aboe a parte demandante 579,7 euros, en concepto de indemnización.

2º. Todo iso con condena igualmente a aboar por parte da empresa demandada á parte demandante 1.834,74 euros de salarios debidos e 325,23 euros de xuros moratorios.

3º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6 inciso primeiro da LXS e artigo 33 ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Andara 2012, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2014

O secretario xudicial