Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1683

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (715/2013).

Concepción Albés Blanco, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, certifico que neste órgano xudicial se tramitan autos de xuízo verbal 715/2013, seguidos por instancia de Aurora Román Fernández contra Marcos Rivera Domínguez e Carlos Rodríguez Sangiao, en que se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor:

Que estimando a demanda formulada en autos de xuízo verbal nº 715/2013 pola procuradora Tamara Ucha Groba, en nome e representación de Aurora Román Fernández, contra Marcos Rivera Domínguez e Carlos Rodríguez Sangiao, sobre responsabilidade contractual, debo condenar e condeno os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de dous mil novecentos sete euros con quince céntimos (2.907,15 euros), incrementada co xuro legal do diñeiro desde o día 10 de abril de 2013, e con imposición aos demandados das custas procesuais causadas.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún, de conformidade co disposto no artigo 455.1 da LAC.

E para que conste e sirva de notificación aos demandados Marcos Rivera Domínguez e Carlos Rodríguez Sangiao, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial