Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.
Datos da solicitude |
|
Empresa solicitante |
Repsol Butano, S.A. |
Contido da solicitude |
Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución |
Tipo de instalación |
Rede de distribución de GLP |
Denominación do proxecto |
Proxecto de autorización administrativa e de execución de obra de estación de almacenamento de GLP e rede de distribución para a subministración de gas propano canalizado no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense) |
Núcleo de poboación da rede |
A Pobra de Trives (Ourense) |
Ábrese un prazo de 30 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:
• Outras empresas distribuidoras de GLP poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Repsol Butano, S.A.
• A empresa Repsol Butano, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.
O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 9 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas