Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 2014/049-1).

Vista a solicitude para o outorgamento da autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que a seguir se detallan:

Número de expediente: IN407A 2014/049-1.

Solicitante: Electra do Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15, 15129 Vimianzo.

Denominación: centro de distribución Castrelo.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

– LMT soterrada, a 20 kV, en simple circuíto, de 31 metros de lonxitude total (21 metros de canalización), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 KAl+H16), con orixe no paso aéreosoterrado que se vai instalar no apoio de formigón tipo HVH 2500/15 existente (apoio nº 112-9 da LMT VIM-803 Laxe-Neaño, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.) dotado de autoválvulas e no cal se instalará un novo paso aéreosoterrado con pararraios autoválvulas e elementos de seccionamento XS, no cal se materializará o punto de entroncamento coa rede de distribución de Unión Fenosa Distribución, S.A. (os traballos de conexión ás instalacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. serán executados por esta), e remate en cela de liña do centro de distribución (CD) proxectado.

– Novo centro de distribución (CD) propiedade de Electra do Foxo, S.L. con acceso autorizado ao equipamento de medida para o persoal de Unión Fenosa Distribución, S.A., proxectado en edificio prefabricado de formigón, marca Ormazábal, tipo PF-2025 ou similar, compacto, de manobra interior, composto por:

• Unha (1) cela de entrada de liña de alimentación ao CD, unha (1) cela de interruptor automático con seccionador de corte en baleiro, unha (1) cela de saída de liña de conexión coa rede de distribución de Electra do Foxo, S.L., unha (1) cela de protección de transformador e unha (1) cela de medida, con envolvente metálica e illamento en SF6; transformador de 160 kVA de potencia (ampliable ata 630 kVA) e relación de transformación 20/0,40-0,23 kV; cadro de baixa tensión tipo AC4-1600 TI 1000/5A; aparellaxe de manobra e protección; equipamento de medida; tomas de terra de ferraxes e neutro no interior e no exterior.

– LMT soterrada, a 20 kV, en simple circuíto, de 32 metros de lonxitude total (22 metros de canalización), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 KAl+H16), con orixe en cela de liña do CD proxectado e remate no novo paso aéreosoterrado que se vai instalar no apoio de formigón tipo HVH 1600/12P existente, que sirve de soporte ao actual CTI Torre de Xallóns I (expediente 50.457) que se vai desmontar por ser substituído polo CD proxectado, que se dotará de pararraios autoválvulas e elementos e seccionamento SXS, no cal se materializará o acoplamento coa rede de distribución de Electra do Foxo, S.L.

– Recuamento dos tres (3) circuítos da rede de baixa tensión existentes que saen do CTI Torre Xallóns I (expediente 50.457) ata o novo cadro de baixa tensión proxectado no CD Castrelo, no cal se fará o acoplamento coa maioría da rede de baixa tensión existente, proxectándose, ademais, a instalación dun novo treito de rede de baixa tensión por canalización existente, a 400/230 V, de 25 metros de lonxitude, en condutor XZ1 0,6/1 kV 4(1×95 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión do CD proxectado e remate no actual aéreosoterrado existente no apoio de formigón tipo HV 1000/S10 existente, que recollerá o resto da rede de baixa tensión existente.

– Desconexión, peche e desmantelamento de parte das instalacións que se indican a seguir, inicialmente contidas no proxecto denominado CTI Torre Xallóns I autorizado para a súa execución baixo o expediente administrativo 50.457:

• Centro de transformación tipo intemperie e a súa aparellaxe (transformador de 100 kVA de potencia situado sobre poste de formigón que se mantén, crucetas, illadores), cadro de protección das saídas de baixa tensión, treito de rede de baixa tensión de 4 metros de lonxitude en condutor RZ de seccións 3(1×150/80,6 mm2 Al/Alm), treito de LMTA en condutor LA-30, apoios MT de formigón tipo HV 1600/14 (1) e apoios BT de formigón tipo HV 1000/11 (1).

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 8.4.2014 Maximino Miñones Sousa, en nome e representación da empresa Electra do Foxo, S.L. solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública das instalacións do proxecto denominado centro de distribución Castrelo, no concello de Laxe.

Segundo. A solicitude incluía unha relación de bens e dereitos afectados polo proxecto e, en concreto, unha relación dos bens e dereitos para os cales non había mutuo acordo cos seus propietarios e para os cales se pedía a aplicación da lexislación sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Por Resolución do 27 de maio de 2014 desta xefatura territorial someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa e a de declaración de utilidade pública, resolución que se publicou no Diario Oficial de Galicia o día 16 de xuño de 2014, no Boletín Oficial da provincia o día 10 de xuño de 2014, no xornal La Voz de Galicia o día 19 de xuño de 2014, así como no taboleiro de anuncios do concello de Laxe segundo dilixencia do secretario municipal do 30 de xullo de 2014, recibida o 1 de agosto de 2014; así mesmo, constan no expediente escritos de notificacións individuais da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, aos titulares que constan na relación de bens e dereitos afectados.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, deuse traslado ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo, que incluían as características da instalación e a documentación cartográfica correspondiente.

Envíanse as separatas aos organismos afectados que a xuízo de Electra do Foxo, S.L. puideren estar afectadas:

• Concello de Laxe, que durante o prazo establecido regulamentariamente contestou cun informe favorable e un condicionado que foi aceptado pola empresa promotora o 9.7.2014.

• Deputación da Coruña e Axencia Galega de Infraestruturas, que non contestaron as separatas enviadas tras ser reiteradas de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1995/2000, entendéndose a súa conformidade.

Quinto. Durante o período de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

O día 30 de xuño de 2014 María del Carmen Theodosio Pérez presenta alegación en que solicita a modificación da actual localización prevista, propoñendo como localización alternativa o terreo xa existente do antigo transformador para garantir dese xeito o correcto aproveitamento agropecuario da leira afectada.

O día 9 de xullo de 2014 dáse traslado das alegacións á Electra do Foxo, S.L. para que presente as estimacións que considere oportunas.

O día 17 de xullo de 2014 Electra do Foxo, S.L. remite contestación das alegacións na cal manifesta a súa desconformidade coa localización proposta da alegante polos seguintes motivos:

• Estar debaixo dunha liña de media tensión en servizo, polo que está prohibida a construción de edificios e instalacións industriais na servidume de vo, incrementada por unha distancia mínima de seguridade a ambos os lados, segundo o indicado no Real decreto 1955/2000.

• Incumprir o recuamento de 5 metros á parcela existente de Electra do Foxo, S.L.

• Invadir un camiño público.

• Afastar sen xustificación ao punto de entroncamento indicado por Unión Fenosa Distribución.

• Achegarse sen xustificación á zona de protección dun xacemento arqueolóxico, así como ao rego dos Cabalos e ao seu corredor ecolóxico.

• Problemas de acceso á caseta pola existencia dun apoio dunha liña de media tensión.

Condicións de seguridade e saúde moito peores para os previsibles traballos posteriores.

Sexto. O día 21 de agosto de 2014 Electra do Foxo, S.L. presenta corrección das superficies de expropiación. Realízase notificación individual á titular que consta na relación de bens e dereitos afectados e ao concello para o seu coñecemento e efectos oportunos.

O día 29 de setembro de 2014 María del Carmen Theodosio Pérez presenta alegación en que reitera o solicitado con anterioridade.

O día 3 de outubro de 2014 dáse traslado das alegacións a Electra do Foxo, S.L. para que presente as estimacións que considere oportunas.

O día 21 de outubro de 2014 Electra do Foxo, S.L. remite contestación das alegacións na cal manifesta a súa desconformidade coa localización proposta da alegante engadindo os seguintes motivos respecto á súa primeira contestación:

Existe unha expropiación de parte da parcela afectada, para executar a obra de modificación nº 1 proxecto de construción e acondicionamento da estrada AC-433 Ponte do Porto (AC-432), quedando o límite de dominio público da futura estrada moi próximo á instalación proposta pola alegante e o límite de edificación, que aínda está pendente de determinarse, moi probablemente afectaría a instalación.

Sétimo. O persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial, unha vez avaliada a documentación que consta no expediente, a tramitación seguida e as alegacións presentadas, emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e o disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), coas seguintes consideracións:

Na súa condición de empresa distribuidora, a Electra do Foxo, S.L. correspóndelle, segundo o título VII da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), entre outras, o deseño e a planificación das súas redes de distribución logo de avaliar, entre outras cuestións, as obrigas de adecuar a subministración de enerxía eléctrica ás necesidades dos consumidores e cumprir cos parámetros de calidade que se recollen na normativa, todo isto sempre de conformidade cos procedementos regulamentarios e, se é o caso, considerando os condicionados técnicos que puideren impoñer as administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral.

Segundo o artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 24 de xullo); a Lei 24/2013, do 27 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro); o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro, que establece os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro) e o Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

Segundo. No presente expediente cumpríronse os trámites sinalados na Lei 24/2013, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Terceiro. A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións obxecto deste expediente, cumpren coa normativa vixente, isto é, a Lei 24/2013, do 27 de decembro; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación (BOE núm. 288, do 1 de decembro); o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE núm. 68, do 19 de marzo); e o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

Cuarto. Á vista das alegacións formuladas e das contestacións achegadas pola empresa solicitante, cómpre facer unhas consideracións previas de carácter xeral:

1. As manifestacións e datos que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, así como a medición e descrición exacta das superficies e bens afectados, faranse constar no levantamento da acta previa á ocupación, momento para o cal os interesados afectados serán oportunamente convocados mediante notificación. Este acto desenvolverase de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

2. De conformidade co disposto no número 1.5 da Instrución técnica complementaria ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que nesta instrución se establecen. É dicir, o trazado da liña será o elixido polo autor do proxecto, sempre que cumpra os requisitos xerais e de seguridade que establece o propio Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e non infrinxa as limitacións e prohibicións que para a constitución de servidumes de paso de liñas aéreas establecen o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o artigo 161 do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro.

3. Polo que respecta á valoración dos terreos e bens afectados, para o caso de que as partes non acaden un acordo previo, a determinación do prezo xusto corresponde ao Xurado de Expropiación de Galicia, de conformidade coas normas establecidas no capítulo III da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no capítulo III do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Quinto. Respecto das alegacións presentadas por María Carmen Theodosio Pérez, cómpre informar de que:

Con respecto á solicitude de cambio da localización do centro de distribución proxectado, débese indicar que na localización proxectada non existen limitacións de carácter técnico sobre prohibicións e limitacións á constitución de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, mentres que na situación solicitada pola alegante non se tiveron en conta as instalacións eléctricas existentes que empeoran as condicións de aceso á caseta, e as de seguridade e saúde para os previsibles traballos posteriores. Por todo o anteriormente indicado, non procede a alegación presentada.

Con respecto ao correcto aproveitamento agropecuario da leira afectada, cómpre sinalar que non corresponde a esta fase do procedemento realizar as valoracións derivadas dos prexuízos que aos afectados lles ocasione a localización deste centro de distribución, xa que iso é competencia do Xurado de Expropiación de Galicia, logo de que ao expediente se incorporen a acta previa á ocupación e as follas de valoración coas valoracións contraditorias que presenten as partes.

De acordo co anterior e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVO:

Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, así como declarar de utilidade pública a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 3 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña