Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, do servizo para o mantemento do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), centro dependente desta consellería.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/2015 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: a prestación do servizo de mantemento do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) nas dependencias situadas na avenida de Galicia nº 1, 3, do Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: San Cibrao das Viñas, Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: un ano que se contará desde o día seguinte ao da sinatura do contrato. Non obstante, resolverase anticipadamente no caso previsto na cláusula K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 50000000-5 (Servizos de reparación e mantemento) e 50000000-2 (Servizos de reparación e mantemento de equipamentos de edificios).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 45.600 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto 45.600 euros. Importe total 55.176 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de exame da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación económica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante as datas e horas da apertura dos sobres B e dos sobres C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21830

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria