Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 581

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (R.S.U. 4266/2012-CON).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4266/2012-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 484/2011 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social (Provincial)

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Exfoga, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: María Julia Garea Cao

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4266/2012-CON desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Exfoga, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre outros dereitos seg. social, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza do 7 de febreiro de 2012 ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña nos autos número 484/2011, seguidos por instancia da mutua contra os demandados sobre reintegro de prestacións, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Exfoga, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de decembro de 2014

A secretaria xudicial