Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 579

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (668/2013).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 668/2013

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 730/2011 Xulgado do Social número 2 da Coruña

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 668/2013 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Izar Construcciones Navales, S.A., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidade-Muprespa, Elvira Bouza Fojo sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Desestimar o recurso de suplicación formulado polo INSS contra a sentenza do 17 de setembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, e sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto, que asino na Coruña o 4 de decembro de 2014. Dou fe.

A secretaria xudicial».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Izar Construcciones Navales, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de decembro de 2014