Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 7 de xaneiro de 2015 Páx. 583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS. 990/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Aitor Veiga Hernández contra Lonfebe, S.L., Construcciones Couto Calvo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº 990/2008, foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

Na cidade da Coruña, 11 de decembro de 2014.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 990/2008 e 643/2009 acumulados, seguidos por instancia de Aitor Veiga Hernández, asistido polo letrado Federico Novo Prego, contra o INSS e TXSS, representados pola letrada María Carmen García Sánchez, contra Construcciones Couto Calvo, S.L., incomparecida, e Lonfebe, S.L., representada por José Antonio Felípez Mallo e asistida polo letrado Luís González Deus, sendo o obxecto da reclamación recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade; e

Resolvo

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Aitor Veiga Hernández contra o INSS, TXSS, Construcciones Couto Calvo, S.L. e Lonfebe, S.L. e absolvo os demandados dos pedimentos daquela.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación a Construcciones Couto Calvo, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 11 de decembro de 2014

A secretaria xudicial