Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 383

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (414/2014).

No procedemento de referencia ditouse sentenza con data do 9.12.2014, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Acordo:

A disolución do matrimonio formado por Suislay Jay Hechavarria e Ramón Martín Pereira Barrán, celebrado en Silleda con data 3.6.2010, con todos os efectos legais pertinentes, cesando tanto as obrigas persoais derivadas do vínculo matrimonial e reguladas nos artigos 66 a 68 do Código civil, como a presunción de convivencia conxugal e suspensión da vida en común (artigos 69 e 83 do CC), como as patrimoniais, cesando a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe en exercicio da potestade doméstica contida no artigo 1319 do CC.

Declárase disolto o réxime económico matrimonial dos litigantes.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

En canto sexa firme a presente resolución, remítase testemuño ao Xulgado de Paz de Silleda para a súa anotación.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados dende o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto, na conta deste expediente X indicando, no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo Observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ramón Martín Pereira Barrán, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 9 de decembro de 2014

A secretaria xudicial