Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 382

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (536/2012).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento de familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial, non consensuado, seguido por instancia de Ana Paula Cunha dos Santos, contra Marcos Fernández Pires, en que recaeu sentenza con data do 19 de decembro de 2012 cuxa resolución admite en parte a demanda presentada.

Contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de apelación no prazo de vinte días.

Ferrol, 17 de abril de 2013

José Miguel Regueiro Pérez
Secretario xudicial