Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 380

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (40/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 40/2013. BC

Xulgado de orixe/autos: demanda 996/2010 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: José María Amado Botana

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construnor Estructuras, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua Universal Mugenat

Avogados: Javier Balo Couto, Carlota Peláez Sabell

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 40/2013 desta sección, seguido por instancia de José María Amado Botana contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construnor Estructuras, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua Universal Mugena, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo demandante, José Mª Amado Botana, contra a sentenza ditada o 10 de setembro de 2012 polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos número 996-2010 seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e Universal Mugenat, e a empresa Construnor Estructuras, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dos díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de novembro de 2014

A secretaria xudicial