Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 385

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (249/2012).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 249/2012, seguido por instancia de José Domínguez Estévez contra Amadeo Fernández Ucha e Rodrigo Fernández Duarte, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza do 16 de xuño de 2014, cuxa resolución é a seguinte:

Que considerando a demanda interposta pola procuradora Nieves Fernández Suárez, en nome e representación de José Domínguez Estévez, fronte a Amadeo Fernández Ucha e Rodrigo Fernández Duarte, debo condenar e condeno conxunta e solidariamente a Amadeo Fernández Ucha e Rodrigo Fernández Duarte a satisfacer a José Domínguez Estévez a cantidade de 8.000 euros, todo iso cos correspondentes xuros legais e con expresa imposición das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta resolución cabe recurso de apelación conforme o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia acórdoo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Rodrigo Fernández Duarte, expídese esta cédula para que lle sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 8 de outubro de 2014

O/a secretario/a xudicial