Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (991/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 991/2013, por instancia de José Daniel Losada González contra Faventis, S.L., administración concursal e Fogasa sobre cantidade, en que o día 24 de novembro de 2014 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Que estimando a demanda interposta polo demandante contra a mercantil Faventis, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que aboe o traballador a cantidade de 75.169,65 euros polos conceptos reclamados en demanda. Desta cantidade deberá responder, na súa condición, o administrador concursal.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Faventis, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial