Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (691/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento impugnación de actos da administración 691/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Rosa María Oliveira Rey contra Isaura López Terceiro, Consellería de Facenda sobre ordinario, se ditou sentenza nº 472, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Demandante: Rosa María Oliveira Rey

Avogada: Laura Otero Rodríguez

Demandada: Xunta de Galicia. Consellería de Facenda.

Demandada: Isaura López Terceiro (non comparece malia estar citada por edictos)

Sentenza

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

(…)

Resolvo

Que estimando a demanda promovida por Rosa María Oliveira Rey, anulo a resolución impugnada, do 29 de xuño de 2012, da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, condenando á administración demandada a que, con retroacción do procedemento da convocatoria, inclúa a demandante na lista de admitidos a participar no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, valorando os seus méritos, publicando a súa puntuación correspondente e, de ser o caso, lle adxudique o posto solicitado.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pasado este prazo quedará firme en dereito.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Miguel Ángel García Lastres, xuíz substituto deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isaura López Terceiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

A secretaria xudicial