Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52654

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (418/2014).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, mediante este fai saber que neste procedemento seguido por instancia de Prodep Management S.L., fronte a Club Baloncesto Pío XII, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014.

Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as actuacións correspondentes ao xuízo verbal número 418/2014 promovido por Prodep Management, S.L., representada polo procurador Antonio Fernández Villaverde e asistida polo letrado Rafael Alonso Martínez, fronte a Club Baloncesto Pío XII, en situación de rebeldía procesual.

Dispoño que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador Antonio Fernández Villaverde, en representación da mercantil Prodep Management, S.L., fronte a Club Baloncesto Pío XII, en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a pagar á demandante a cantidade de catro mil seiscentos vinte e cinco euros con sesenta céntimos (4.625,60 €), máis os xuros legais xerados pola dita cantidade desde a data da interposición da demanda. Todo iso con expresa condena da demandada ao pagamento das custas procesuais xeradas neste procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme polo que contra ela cabe a interposición de recurso de apelación ante este xulgado, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño para a súa unión a estas actuacións.

Así o acordo e asino».

E para que sirva de notificación en forma á entidade demandada Club Baloncesto Pío XII, en situación de rebeldía, expido, selo e asino a presente.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

A secretaria xudicial