Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (425/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 425/2012 por instancia de María Luisa García Vidal contra a empresa Naval Industrias Fontoira, S.L., a Mutua Gallega e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 28 de novembro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por María Luisa García Vidal fronte a Naval Industrias Fontoira, S.L., a administración concursal desta última, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Naval Industrias Fontoira, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil oitenta e nove euros con noventa e sete céntimos de euro (1.089,97 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Naval Industrias Fontoira, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de decembro de 2014

A secretaria xudicial