Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (493/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 493/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Philipp Lukas Frommenwiler contra Activ Solar Energietecnik GMBH e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza número 438, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada-xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 493/2014 seguidos por instancia de Philipp Lukas Frommenwiler, asistido polo letrado José Ignacio Lorenzo, contra a entidade Activ Solar Energietenik GMBH e o Fogasa, que non comparece a pesar de estar debidamente citada, sobre despedimento obxectivo individual.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada Philipp Lukas Frommenwiler, asistido polo letrado José Ignacio Lorenzo, contra a entidade Activ Solar Energietenik GMBH e o Fogasa e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 153,42 €/día) ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 33.253,78 euros.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Activ Solar Nergietecnik, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións sexan forma de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

A secretaria xudicial