Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 26 de decembro de 2014 Páx. 52652

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3338/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3338/2014 desta sección, seguido por instancia de María Luisa Somoza Méndez contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Centro Clínico Ribadeo, S.L., Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), admón. concursal de Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo) e a empresa Bogar Asistencia, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Que estimando o recurso de suplicación interposto por María Luisa Somoza Méndez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña con data do 21 de marzo de 2014, debemos revogar e revogamos parcialmente a devandita resolución e con estimación da demanda formulada polo recorrente condenamos a codemandada Centro Clínico Ribadeo, S.L. solidariamente coa empresa Bogar Asistencia, S.L. polo despedimento de 12 de novembro de 2012, mantendo o resto dos pronunciamentos da sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta, nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Galicia Saudade, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza os ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de decembro de 2014

A secretaria xudicial