Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52356

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (27/2014).

Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente anuncio:

No presente procedemento de modificación de medidas definitivas nº 27/2014, seguido por instancia de Paola Andrea Lombana Loaiza fronte a Enrique Manuel Hermida Rodríguez, ditouse sentenza o 27 de novembro de 2014, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que debo estimar parcialmente a demanda presentada pola procuradora María del Carmen Fernández Ramos, en nome e representación de Paola Andrea Lombana Loaiza, fronte a Enrique Manuel Hermida Rodríguez.

Adoptar as seguintes medidas:

Modifícase a sentenza de divorcio do 24 de outubro de 2008 ditada no procedemento de divorcio tramitado neste mesmo xulgado baixo o nº 116/2008, nos seguintes pronunciamentos:

– Garda e custodia: atribúese exclusivamente a garda e custodia do menor Manuel Hermida Lombana a súa nai Paola Andrea Lombana Laiza, permanecendo a patria potestade compartida.

– Dereito de visitas: substitúese o réxime de visitas establecido na sentenza de divorcio do 24 de outubro de 2008 reducíndoo a vistas dunha fin de semana ao mes desde as 11.00 horas do sábado ata as 18.00 horas do domingo. O menor será recollido e entregado no domicilio onde resida coa nai. Nos períodos de vacacións aplicarase o mesmo réxime dunha fin de semana ao mes.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, e será resolto pola Audiencia Provincial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1, sinalando no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo no día da data.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Enrique Manuel Hermida Rodríguez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 27 de novembro de 2014

A secretaria xudicial