Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52354

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3294/2014 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3294/2014 MCR

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 422/2013 Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Centro Clínico Ribadeo, S.L.

Avogado: Juan Carlos Rodríguez Maseda

Procurador: Luis Alberto Dequidt Montero

Recorridos: Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L., Beatriz Souto García

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 3 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3294/2014 MCR desta sección, seguido por instancia do Centro Clínico Ribadeo, S.L. contra Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L., Beatriz Souto García, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Centro Clínico Ribadeo, S.L. contra a sentenza de data 24 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña no procedemento número 422/2013, sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorre. E estimando a demanda formulada por Beatriz Souto García e declarado o seu despedimento improcedente, condenamos solidariamente a empresa Bogar Asistencia, S.L. a que, logo de opción no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, readmita o demandante no seu posto de traballo ou o indemnice na cantidade de 2.986,47 euros, así como ao pagamento dos salarios de trámite a razón de 25,47 euros por día, se opta pola readmisión.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2014

A secretaria xudicial