Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (908/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 908/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Ochoa Linares contra Dexter Abogados, SLP e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza nº 462 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 27 de novembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 908/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Paula Ochoa Linares, asistida pola letrada Silvia Viaño Blanco contra Dexter Abogados, SLP e o Fogasa, que non comparecen, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Dexter Abogados, SLP a pagar á demandante Paula Ochoa
Linares 6.992,78 euros. Condeno o Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dexter Abogados, SLP, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2014

A secretaria xudicial