Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1202/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que en virtude do acordado en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo número 1202/2014, que se tramitan por instancia de Elva López Pérez contra Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega e outras, sobre cantidade, se cita á empresa Autoescuela Colupa, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, para que o día 23.5.2016 ás 10.30 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1-4º andar, de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación e, de non haber avinza seguidamente o xuízo, prevíndoo que ao acto para o cal se cita deberá concorrer con todos os medios de proba de que intente valerse e que a falta de asistencia a este non suspenderá a súa celebración, e recaerá sobre el o prexuízo que proceder en dereito.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Autoescuela Colupa Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 26 de novembro de 2014

O secretario xudicial