Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51826

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1135/2013).

Procedemento ordinario 1135/2013 L

Sobre ordinario

Demandante: Ricardo Martínez Moreno

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal

Demandado: Azulejos y Pavimentos Rojas, S.A.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza nº 620/14

A Coruña, vinte de novembro de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1135/13, seguidos por instancia de Ricardo Martínez Moreno, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano contra Azulejos y Pavimentos Rojas, S.L., sobre reclamación de cantidade,

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a mercantil Azulejos y Pavimentos Rojas, S.L. debo condenar e condeno a empresa a aboar ao traballador a cantidade de 2.103,79 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Azulejos y Pavimentos Rojas, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 28 de novembro de 2014

A secretaria xudicial