Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (254/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza nº 393/14.

Na Coruña o trinta de xuño de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 254/2013 seguidos por instancia de Mª Jesús Rubio Arijón asistida pola letrada Teresa Pardiñas Ousinde, contra as empresas Sabiria Corporation, S.L., S.L. Training Channel, administración concursal desta última e o Fogasa, que non comparecen, e Alcatraz Solutions, S.L., representada por Leopoldo José Mallo Fernández e asistido pola letrada Eva Leis Rolón, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante contra as entidades Training Chanel, S.A., Sabiria Corporation, S.L., Alcatraz Solutions, S.L. e a administración concursal de Training Chanel, S.A., debo condenar e condeno solidariamente as entidades Training Chanel, S.A., Sabiria Corporation, S.L. e Alcatraz Solutions, S.L. a que aboen á demandante a cantidade de 4.929,92 euros, así como o 10 % de xuro de demora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Training Chanel, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 28 de novembro de 2014

A secretaria xudicial