Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51824

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (677/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 677/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina García Souto, Alejandro Sánchez Prado contra Técnicos de Seguridad del Norte, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decido.

1º. Que, admitindo a demanda formulada por Cristina García Souto e Alejandro Sánchez Prado contra a empresa Técnicos de Seguridad del Norte, S.L. condeno esta a aboar as cantidades de 1.191,83 euros a Cristina e 1.592,50 euros a Alejandro.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro LXS e artigo 33 ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Técnicos de Seguridad del Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2014

O secretario xudicial