Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (585/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 585/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Marcelino Ríos Sánchez

Demandados: Hermanos Seoane, S.L., Fogasa

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Marcelino Ríos Sánchez contra Hermanos Seoane, S.L., rexistrado co número 585/2014, acordouse citar a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 29 de decembro de 2014 ás 9.30 e 9.35 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Hermanos Seoane, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Así mesmo, ditouse no procedemento de despedimento 782/2014, tramitado ante este xulgado entre as mesmas partes, auto de data 2 de outubro de 2014 cuxa parte dispositiva establece literalmente:

Parte dispositiva:

Dispoño: a acumulación do presente procedemento de despedimento ao procedemento de resolución contractual número 585/2014, seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xerais.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

E para que lle sirva de citación a Hermanos Seoane, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Así mesmo, ditouse no procedemento de despedimento 849/2014, tramitado ante este xulgado entre as mesmas partes, auto de data 17 de novembro de 2014 cuxa parte dispositiva establece literalmente:

Parte dispositiva:

Dispoño: a acumulación deste procedemento de despedimento ao procedemento de rescisión contractual número 585/2014, seguido ante este xulgado entre as mesmas partes, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xerais.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

E para que lle sirva de citación a Hermanos Seoane, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

A secretaria xudicial