Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50655

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (819/2012).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente, anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de FGA Capital Spain, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a José Antonio Pereira Fernández, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Ourense, 23 de maio de 2014.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo ordinario nº 819/2012, seguidos ante este xulgado por instancia do procurador Ramón Montero Rodríguez, en representación de FGA Capital Spain, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., asistido da letrada Marian Antelo Dorrego, contra José Antonio Pereira Fernández, en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre préstamo de financiamento a comprador de bens mobles. Reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Ramón Montero Rodríguez, en representación de FGA Capital Spain, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. contra José Antonio Pereira Fernández, condeno o dito demandado a aboar ao demandante a cantidade de 32.142,13 € incrementada cos xuros legais desde a data desta sentenza, a partir da cal ambas as cantidades devindican os xuros do artigo 576 da LAC.

Non se fai expresa imposición de custas.

Esta sentenza non é firme, xa que contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se deberá interpor no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, ante este xulgado e con suxeición ao disposto nos artigos 455 e seguintes da LAC.

Indícaselle ao recorrente que non se admitirá a trámite o recurso se, ao interpoñelo, non acredita que constituíu o depósito que para recorrer exixe a disposición adicional décimo terceira da LOPX, así como que liquidou a taxa xudicial.

Así, por esta sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E ao estar o dito demandado, José Antonio Pereira Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 26 de maio de 2014

A secretaria xudicial