Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50654

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (719/2013).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fai saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase a sentenza a Inversiones Madimol, S.L. e, ao estar en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Os interesados poderanse dirixir a esta oficina, en que se tramita o procedemento de referencia, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a sentenza ditada cabe recurso de apelación por medio de escrito dirixido a este xulgado no prazo de vinte días desde o seguinte ao da súa notificación.

A Coruña, 23 de setembro de 2014

A secretaria xudicial