Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50652

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3180/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3180/2014 MCR desta sección, seguido por instancia de María Jesús Varela Fernández contra Fogasa, Centro Clínico Ribadeo, S.L., Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), admón. concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de María Jesús Varela Fernández contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 27 de marzo de 2014, en autos nº 427/2013, que revogamos no sentido de declarar a responsabilidade solidaria de Centro Clínico de Ribadeo, S.L. coa xa condenada Bogar Asistencia, S.L. ás consecuencias do despedimento improcedente fixado na instancia, e confirmámola nos seus demais termos, desestimando o recurso nas súas outras peticións.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galicia Saudade, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de novembro de 2014

A secretaria xudicial