Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50650

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4603/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4603/2012 IP

Xulgado de orixe/autos: demanda 136/2011 do Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorridos: Ferlosa, S.L., José Gallo Pérez, admón. concursal de Ferlosa, S.L.

Avogados: María Teresa Souto Neira, José Benito López Ferreiro

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4603/2012 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Ferlosa, S.L., José Gallo Pérez, admón. concursal de Ferlosa, S.L. sobre Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

A Sala acorda:

Declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina preparado pola letrada María Teresa Souto Neira, en nome e representación de José Gallo Pérez, fronte á sentenza ditada en suplicación por este tribunal, declarando a súa firmeza e a devolución ao órgano xudicial de procedencia dos autos, con certificación da sentenza ditada e da expresión da súa firmeza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do artigo 223.3 da LRXS, no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción en que a resolución incorrese a xuízo do recorrente. Fáiselle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta nº 1552, debendo indicar, no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “30 Social-Reposición”.

Así, por este auto, pronúnciano, mándano e asínano comigo, secretario da Sala, que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

A secretaria xudicial