Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50648

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2215/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2215/2013-MFV desta Sala, seguido por instancia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Elena Tilve Seoane, contra Fogasa, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Sociedade Unipersoal (Tragsatec), Eyser Estudios y Servicios, S.A., Consulting e Ingeniería Internacional, S.A., Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A.) sobre cesión ilegal, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Desestimar o recurso de suplicación formulado pola representación da Xunta de Galicia contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela do 21 de novembro de 2012, nos autos número 561/2012, que se deberá confirmar na súa integridade, e con imposición de custas á parte recorrente, que deberá aboar a contía de 550 euros con inclusión dos honorarios do letrado da parte impugnante.

Desestimar o recurso de suplicación formulado pola representación de Elena Tilve Seoane contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela do 21 de novembro de 2012, que se deberá confirmar na súa integridade, e sen custas.

Déase aos depósitos legais o destino legal que corresponda. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Consulting e Ingeniería Internacional, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2014

A secretaria xudicial