Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50646

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2556/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2556/2014

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 994/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Edicto

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2556/2014 desta sección, seguido por instancia de Gabriel Borrazás Pan contra Fogasa, FC Alimentación, S.A., Frigoríficos Conchado, S.A., administración concursal de FC Alimentación, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial

María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 17 de novembro de 2014.

Únase o anterior escrito presentado polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, en representación de Gabriel Borrazás Pan, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince (15) días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que presente, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa FC. Alimentación, S.A., con último domicilio na avenida Almeiras, 49, Culleredo (A Coruña). Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2014

A secretaria xudicial