Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1307/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1307/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de M. Elena Romero García contra a empresa Studio Zen, S.L., Biforis Accesorios en Madera, S.L., administración concursal de Biforis Accesorios en Madera, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución con data do 14.11.2014 dirixida, entre outros, a Studio Zen, S.L., contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Studio Zen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de novembro de 2014

A secretaria xudicial