Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (956/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 956/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio Varela Torres contra Grupo Empresarial Lomba, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Grupo Empresarial Lomba, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a mercantil Grupo Empresarial Lomba, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que aboe ao traballador a cantidade de 2.186,64 euros polos conceptos reclamados en demanda. Desta cantidade deberá responder, na súa condición de administrador concursal, Jaime Fernández-Obanda Carro.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Grupo Empresarial Lomba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2014

A secretaria xudicial