Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (253/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Enrique Vicente Arcos contra Ponte Paz, S.L., rexistrado co número DSP 253/2014, se acordou notificar a Ponte Paz, S.L., en ignorado paradoiro, a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014.

Únase aos autos o anterior escrito presentado pola parte demandante, en que desiste da acción de resolución contractual, e confírase traslado ás demais partes co fin de que no prazo de dez días aleguen o que ao seu dereito conveña, facéndolles saber que, en caso de non realizar alegacións no prazo conferido, se entenderán conformes coa desistencia proposta e se continuará a tramitación do presente procedemento como procedemento ordinario de reclamación de cantidade.

Consúltense as bases de datos co fin de indagar novo domicilio da demandada Ponte Paz, S.L.

Xa que neste xulgado se segue o procedemento de execución de títulos xudiciais 195/2014, en que se esgotaron todas as posibilidades de notificación á demandada nos domicilios existentes nas bases de datos, notifíquese á demandada Ponte Paz, S.L. a presente resolución a través da inserción do correspondente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Ponte Paz, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

A secretaria xudicial