Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50475

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4405/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4405/2012

Xulgado de orixe/autos: demanda 589/2010 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Consellería de Traballo e Benestar

Avogado/a: letrado comunidade (servizo provincial)

Recorrido: José Luis Calvo Castiñeira

Avogada: María Consolación Fernández Dobarro

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4405/2012 desta Sección, seguido, como recorrente, pola Consellería de Traballo e Benestar e, como recorrido, José Luis Calvo Castiñeira, sobre incapacidade non contributiva, se ditou con data do 13 de outubro de 2014 a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos:

Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada da Xunta de Galicia, en nome e representación da Consellería de Traballo e Benestar, contra a sentenza do 26 de abril de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, no procedemento 589/2012, sobre declaración de minusvalidez, seguido por instancia de José Luis Calvo Castiñeira, confirmando a expresada resolución.

Condénase a recorrente ao aboamento de 600 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a José Luis Calvo Castiñeira, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de novembro de 2014

A secretaria xudicial