Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (209/2012).

No presente procedemento, seguido por instancia de Fluidra España, S.A.U. fronte a José Isidro Vázquez Rodríguez, José María Asensio Rodríguez e Severino Otero Pérez, ditouse sentenza, con data do 23 de xaneiro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que en relación coa demanda presentada pola representación procesual de Fluidra España, S.A.U. fronte a José María Asensio Rodríguez, José Isidro Vázquez Rodríguez e Severino Otero Pérez, desestimo a acción individual de responsabilidade e estimo a acción de responsabilidade por incumprimento do deber de disolución ou presentación de concurso; e, en consecuencia, condeno os demandados a lle aboar á demandante a suma de 16.899.50 euros na forma e co xuro sinalados no fundamento xurídico 6º da presente resolución, así como ao aboamento, no mesmo modo, das custas que de modo firme se taxen nos procedementos ORD 37/2009 e 9052/2010 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas.

Sen expresa imposición das custas do presente procedemento a ningunha das partes.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar o dito demandado, José Isidro Vázquez Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2014

O/A secretario/a xudicial