Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50478

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO de declaración de falecemento (15/2006).

Jorge Hernández García, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Cambados, fai saber que neste xulgado e co número 15/2006 se segue, por instancia de María José Cespón Vidal, representada pola procuradora Ana María Varela Rodríguez, expediente para a declaración de falecemento de Pastora Cespón Arcos, natural de San Tomé de Nogueira, Meis, Pontevedra, quen se ausentou do seu último domicilio en San Tomé de Nogueira, Meis no ano 1929, data aproximada en que se trasladou á República Arxentina, coa idade aproximada de 40 anos, de quen se ignora o seu paradoiro.

O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Cambados, 14 de maio de 2014

O xuíz O/a secretario/a