Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50479

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (294/2011).

Violeta Reboredo Otero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Ribeira, fai saber que no presente procedemento se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

En Ribeira, 29 de abril de 2014.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario número 294/2011, en que foi parte demandante Felipa Canal Gutiérrez, representada pola procuradora Paula Alcalde e asistida polo letrado Lucas Fernández Segundo, e parte demandada Galvén 2005, S.L.

Resolvo que estimando a pretensión da demandante Felipa Canal Gutiérrez contra a parte demandada Galvén 2005, S.L., debo declarar e declaro a resolución do contrato de compravenda asinado polas partes con data do 15.6.2007.

Debo condenar y condeno a Galvén 2005, S.L. ao pagamento da suma de 32.656,44 €, cantidade que se verá incrementada cos xuros moratorios do artigo 1088 do C.C desde a data da demanda e cos do artigo 576 da LAC tras a sentenza.

Procede a condena en custas á demandada de acordo co artigo 394.1 da LAC.

Notifíquese ás partes.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase a Galvén 2005, S.L. co fin de que, se lle convén, poida interpor recurso de apelación contra ela no prazo de vinte días.

Ribeira, 29 de maio de 2014

A secretaria xudicial