Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (716/2012).

Procedemento ordinario 716/2012 F

Sobre: ordinario

Demandante: Adolfo Guillermo Avila

Avogado: David Pena Díaz

Demandados: Trafic Vial, S.L., UTE Enlace Meirás (Corsan Corviam Construcción, S.A. y Antalsis, S.L.), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 716/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adolfo Guillermo Avila contra a empresa Trafic Vial, S.L., UTE Enlace Meirás (Corsan Corviam Construcción, S.A. e Antalsis, S.L.), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza: 540/2014

Número de autos: 716/2012

Na cidade da Coruña, dezasete de novembro de dous mil catorce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Adolfo Guillermo Avila, que comparece asistido do letrado Sr. David Pena Díaz e doutra como demandado Trafic Vial, S.L., UTE Enlace Meirás (Corsan Corviam Construcción, S.A. e Antalsis, S.L.), e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen os demandados, malia estaren citado en legal forma.

Decisión

Que, estimando a demanda interposta polo demante Adolfo Guillermo Avila, debo condenar e condeno a empresa Trafic-Vial, S.L. e UTE Enlace Meirás (Corsan Corviam Construcción, S.A., Yantalsis, S.L.) a que lle aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 17.214,94 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros do 10 % por mora na forma expresada no fundamento xurídico único.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trafic Vial, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial