Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50187

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (333/2013).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal sobre garda, custodia e alimentos número 333/2013 seguido por instancia de Montserrat Cecilia Jalda Vázquez fronte a José Luis Rodríguez Fernández ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolución.

Estimo a demanda presenta por Montserrat Cecilia Jalda Vázquez contra José Luis Rodríguez Fernández e, respecto á filla común Gara Rodríguez Jalda, establezo as seguintes medidas:

1. Atribución da garda e custodia á nai.

2. Non fixar réxime de visitas a favor do pai ao ignorarse o seu paradoiro.

3. Fixar uns alimentos a favor da menor con cargo ao pai de 100 euros mensuais, actualizables conforme ao IPC cada 1 de xaneiro.

4. Non procede realizar condena en custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá dentro do prazo de vinte días.

E encontrándose o devandito demandado, José Luis Rodríguez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 29 de outubro de 2014

O secretario xudicial