Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (859/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 859/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Fernández Puga contra Concret Impress, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión

1º. Que estimando a demanda formulada por Ana María Fernández Puga contra a empresa Concret Impress, S.L. condeno esta a aboarlle a cantidade de 3.959,46 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6 inciso primeiro da LXS e artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Concret Impress, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

O secretario xudicial